Se tendes interese en colaborar nalgunha das tarefas que se marcan máis
abaixo, enviádenos os vosos datos para que nos poñamos en contacto
con vós. Todo o que se leva a cabo en APIGA faise voluntariamente e calquer contribución é moi benvida. Este traballo desinteresado é o que caracteriza o funcionamento da nosa asociación e o que permitiu que hoxe constituamos unha comunidade profesional moi unida.
Se ben a base física do traballo se realiza desde Compostela, hai moitas actividades que se poden conducir desde outros lugares, como a organización de cursos ou grupos de traballo, e particularmente agora que dispoñemos das novas tecnoloxías da información.
Hai dous momentos especialmente nos que normalmente se precisa dun pouco máis de axuda. Por exemplo, cando lle hai que enviar correo a todos/as os/as socios habitualmente chamamos a xente coñecida que resida perto de Santiago para que bote unha man cos sobres. Se é o teu caso, coméntanolo a próxima vez que pases polo local. Cando se organiza un curso ou unhas xornadas en calquer localidade, sempre fan falta voluntarios para axudar en pequenas cousas. Se recibes a noticia de que se vai celebrar unha actividade perto de onde vives, chama a/o teu coordinador/a local ainda que non che interese participar nesa actividade concreta (os enderezos están sempre no último boletín) e ofrécete para arrimar un pouco o ombro.
|