Asociación de Profesores de Inglés de Galicia
Sign up for the e-mail newsflash



Estatutos da Asociación de Profesores de Inglés de Galicia

Asociación de Profesores de Inglés de Galicia
A P I G A

CAPÍTULO 1: Denominación, obxecto e domicilio.

Art. 1.-

A Asociación de Profesores de Inglés de Galicia, (A.P.I.GA.), acóllese ó réxime xurídico da vixente lei de Asociacións do 24 de Decembro de 1964.

Art. 2.-

O domicilio social sitúase na Rúa Rosalia de Castro, Nº 125, 1ºE. Santiago de Compostela. C.P. 15706.

Art. 3.-

O ámbito de actuación da Asociación será o territorio de Galicia.

Art. 4.-

Son fins da Asociación:

1º).- Elevar e actualizar o nivel profesional e pedagóxico dos profesores de Inglés da nosa comunidade.

2º).- Impulsar o desenvolvemento das investigacións relativas á didáctica do Inglés, así como preocuparse pola súa implantación nos centros docentes.

3º).- Servir de nexo entre os profesores de Inglés para intercambiar experiencias e ideas. A súa actividade non está restrinxida exclusivamente a beneficiar os seus asociados, senón aberta a calquer outro posible beneficiario que reúna as condicións e caracteres esixidos pola índoles dos seus propios fins.

4º).- Organizar cursiños e conferencias, publicar revistas e boletíns; e cantos medios contribúan á consecución dos fins anteriores.

5º).- Calquer outra actividade necesaria, preparatoria ou accesoria que teña relación directa ou indirecta co fin educativo ou cultural da didáctica do Inglés.

CAPÍTULO 2: Socios: dereitos e deberes.

Haberá dous tipos de socios: de honor, e de número.

Art. 5.-

Os socios de honor serán nomeados pola Asemblea de socios, a proposta da xunta directiva ou de 25 socios.

Art. 6.-

Serán socios de número todos os profesores de Inglés, en activo ou non, que o soliciten, debendo ser persoas físicas maiores de idade e posuíndo plena capacidade de obrar. Así mesmo, a xunta directiva en reunión ordinaria e previo estudio da súa solicitude, poderá admitir outras persoas ou entidades que consideren oportunas.

 

1º.- Dereitos. a).- Os socios poderán beneficiarse e participar en cantas actividades promova a Asociación.

b).- Os socios de honor terán voz pero non voto nas asembleas.

c).- Os socios de número terán voz e voto nas asembleas.

2º.- Deberes.

a).- Satisfacer as cotas fixadas.

b).- Asistir ás asembleas; ás reunións ás que se lles cite expresamente e participar nas comisións para as que sexa designado pola asemblea ou xunta directiva.

Art. 7.-

Causarán baixa os socios numerarios por algunha das causas seguintes:

1º).- Por renuncia voluntaria.

2º).- Cando deixe de satisfacer as cotas correspondentes a un (1) ano.

3º).- Por expulsión; os que pola súa conducta desprestixien a sociedade, a xuízo da asemblea xeral extraordinaria e co consenso desta se o acorda a xunta directiva.

4º).- O socio expulsado ou cesado poderá interpor recurso por escrito nun prazo non superior a quince dias naturais a partir do día seguinte ó da notificación da expulsión ou cese ante a xunta directiva que o resolverá e notificará ó interesado por escrito nun prazo non superior a un mes.

5º).- O socio que cause baixa por impago de cotas interporá recurso por escrito ante o secretario que á sua vez o someterá á xunta directiva; debendo, para a súa readmisión abonar a totalidade das cotas pendentes.

Art. 8.-

Cando algún socio teña que ausentarse, ou por algún outro motivo xustificado, poderá solicitar da xunta directiva a baixa temporal; durante ese período non abonará a súa cota, sen perder os dereitos adquiridos.

CAPÍTULO 3: Órganos Directivos.

Art. 9.-

A asemblea xeral de socios é o órgano soberano da Asociación, e está formado por todos os socios.

Art. 10.-

 

Asemblea Ordinaria.

1º).- A asemblea ordinaria xeral de socios reunirase polo menos unha vez ó ano no lugar e data que acorde a xunta directiva.

2º).- A asemblea queda validamente constituída en primeira convocatoria coa presencia da metade máis un dos socios, e media hora máis tarde en segunda convocatoria cos socios presentes.

3º).- Os acordos tomaranse pola metade máis un dos presentes, salvo que se estableza outro criterio nos presentes estatutos nalgún tema particular.

4º).- Compete á Asemblea Ordinaria:

a).- A aprobación dos estados das contas.

b).- Xulgar e aprobar as memorias e contas regulamentarias que presente a xunta directiva.

Art. 11.-

Asemblea Extraordinaria.

1º).- A asemblea reunirase extraordinariamente cando o soliciten un tercio dos socios ou a petición da propia xunta directiva.

2º).- A asemblea extraordinaria ten a seguintes competencias:

a).- Disolver a Asociación.

b).- Nomear a xunta directiva.

c).- Modificar os estatutos.

d).- Expulsión de socios.

e).- Resolución de asuntos urxentes.

3º).- Todas estas competencias da asemblea extraordinaria deben exercerse co voto favorable das dúas terceiras partes dos socios presentes, ou representados por terceira persoa debidamente autorizada. A votación será secreta.

4º).- Na convocatoria da asemblea extraordinaria farase constar o fin expreso desta reunión, sen que se poidan tratar outros temas que os que figuren na orde do día.

Art. 12.-

A xunta directiva estará formada por un presidente/a; secretario/a; tesoureiro/a; coordinadores de zona e os coordinadores das comisións que se constitúan en función das necesidades da Asociación.

Os membros da xunta directiva desempeñarán gratuitamente os seus cargos, sen prexuizo de poderen ser reembolsados polos gastos debidamente xustificados que o desempeño da súa función lles ocasione.

Art. 13.-

A xunta directiva reunirase, polo menos, cada tres meses, co quórum da metade máis un dos seus membros; podendo os coordinadores delegar entre eles coa debida autorización.

Art. 14.-

Son funcións da xunta directiva:

1º).- Convocar as asembleas ordinarias e extraordinarias.

2º).- Fixar a orde do día das asembleas.

3º).- Promover cantas actividades estime convenientes para a consecución dos fins da Asociación.

4º).- Administrar a Asociación.

5º).- Render contas e presentar memoria anualmente na asemblea ordinaria.

Art. 15.-

A xunta directiva terá unha vixencia, como mínimo, dun ano (1 ano); prorrogándose de forma automática por outro ano, previo acordo da devandita xunta. O remate deste período de dous anos será preceptivo convocar eleccións á xunta directiva.

Art. 16.-

O presidente representará a Asociación, presidirá as asembleas, convocará e presidirá as reunións da xunta directiva.

Art. 17.-

O presidente delegará en calquera membro da xunta directiva en caso de ausencia, ou enfermidade; en caso de cesamento ou demisión a xunta directiva designará provisionalmente entre os seus membros un sustituto.

Art. 18.-

Os coordinadores de zona serán os encargados de informar os socios e coordinar as actividades da súa área de influencia.

Art. 19.-

O secretario levantará acta de cantas reunións da asemblea e xunta directiva se celebren, levando, así mesmo, o rexistro dos socios.

Art. 20.-

O tesoureiro será o encargado de recaudar as cotas e levar os libros de contabilidade.

Art. 21.-

Os coordinadores das comisións.

1º).- Encargaranse de supervisar o traballo realizado polas mesmas.

2º).- O coordinador de cada comisión será elexido democraticamente entre os membros desta comisión.

Art. 22.-

No caso de vacantes producidas por renuncia, enfermidade ou ausencia prolongada de algún dos cargos, a excepción do presidente, a xunta directiva convocará, reunión extraordinaria, para designar a persoa que ocupe temporalmente esa vacante.

Art. 23.-

Para a modificación dos presentes estatutos será necesario que sexan aprobados en asemblea extraordinaria polos dous tercios de votos favorables.

CAPÍTULO 4: Réxime Económico.

Art. 24.-

A asociación carece de ánimo de lucro e en nengún caso se distribuirán entre os asociados os gaños eventualmente obtidos.

Os socios pagarán anualmente unha cota proposta pola xunta directiva e aprobada na asemblea anual ordinaria.

Art. 25.-

A Asociación financiarase das cotas dos socios e de cantas axudas reciban de organismos oficiais e entidades particulares. Non existe patrimonio no momento da súa constitución.

Cando menos o 70% das rendas e ingresos será destinado à realización dos seus fins sociais, no prazo de 3 anos a partir da súa obtención.

CAPÍTULO 5: Disolución da Asociación e liquidación do patrimonio.

Art. 26.-

 

A Asociación disolverase por acordo da asemblea extraordinaria convocada con este único motivo; e a decisión tomarase coa aprobación dos dous tercios dos presentes. Neste caso, o patrimonio da Asociación repartirase entre centros de ensino, actuando como comisión liquidadora a última xunta directiva. 

O patrimonio da Asociación deberase aplicar á realización das actividades suxeitas ao cumprimento dos requisitos que se estabelecen no artículo 4 da Ley 191/1964, de 24 de Decembro, reguladora das asociacións, modificada pola Disposición Adicional decimoterceira da Lei 30/1994, de 24 de Novembro.




Home | About us | Newsletter | Xornadas | Courses | Other events | News archive
Members: Articles | Offices | Employment | New members | Data updates | Helping out | European Projects
Publications: Ideas | Materials | Other
Links | Your opinions | Polls | News flashes

Asociación de Profesores de Inglés de Galicia

SEDE
R/ Tui, 24 B
15570 Narón

CORREO
Apartado dos Correos 1.078
15780 Santiago de Compostela

Tel
(+34) 981 383162

E-MAIL
info@apiga.org