The IPA93 Fonts are scalable outline fonts for both Macintosh and Windows systems. They contain every base character, diacritic, and suprasegmental mark currently prescribed by the International Phonetic Association, including the 1993 revisions.
O socio de APIGA Carlos Sánchez Crestar creou unha fonte cunha versión do alfabeto fonético da IPA adaptado exclusivamente ao inglés e con acceso rápido directamente desde o teclado. Funciona sen problemas e resulta moi útil para realizar as transcricións fonéticas. Podedes recoller aquí o arquivo que o contén.
Podes copiar este gráfico (selecciónao agora mesmo dándolle co botón direito do rato, abre un programa de gráficos ou de tratamento de texto, e pega a imaxe). Pódeche servir de "chuleta".
Basicamente, só necesitas o ficheiro Fonehn__.ttf. O resto do material vai incluído por razóns de copyright. Para pode-lo usar, fai o seguinte:
- En Windows, copia ese ficheiro na carpeta de tipos. Pode-la abrir asi:
Botón de inicio de Windows / Configuración / Panel de control / Fonts.
- En Macintosh, arrastra o ficheiro sobre a carpeta "System".
- En Linux, copia ese ficheiro para o directorio de fontes truetype (normalmente, /usr/share/fonts/ttf/western ou /usr/X11R6/lib/X11/fonts/TTF) ou ben usa a ferramenta de importación a Type1 da tua distribución.
Cando queiras usar os símbolos fonéticos, selecciona FONETHEL como tipo de letra. Cada tecla corresponderá entón a un símbolo fonético. A imaxe que aparece aqui son as equivalencias entre o teclado e os símbolos. |